Satisfacción en Ribadumia polo bo funcionamento dos minipuntos limpos instalados no municipio.
Este servizo foi implantado no mes de novembro, e desde entón recolleu xa 784 quilos de residuos.
Trátase de tres puntos instalados na Praza do Concello, diante do Mercado Municipal e nas proximidades do centro de saúde.
Todos eles permiten aos veciños depositar diferentes tipos de residuos domésticos de pequeno tamaño, facilitando a súa correcta reciclaxe.
Desde a súa instalación a resposta foi moi positiva, con recollidas realizadas nos meses de xaneiro e marzo.
En concreto entre ambas as dúas recollidas contabilizáronse 28 quilos de cartuchos de tinta, 113 quilos de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, 415 quilos de baterías e pilas usadas, 73 quilos de lámpadas e 155 quilos de cápsulas de café.
A colocación de minipuntos limpos é unha medida impulsada polo Concello de Ribadumia para avanzar na sustentabilidade e a correcta xestión dos desperdicios.
Contou cun financiamento do 80% a través de fondos europeos do Plan de Recuperación.