Milladoiro e Pili Pampín son os dous nomes artísticos que desembarcarán esta próxima fin de semana no municipio de Cerdedo-Cotobade con motivo da celebración das festas en honra a San Xusto e San Pastor durante o venres 2 e o sábado 3 de agosto.
A programación, presentada este mércores polo Concello, comezará ás 13.00 horas do venres cun oficio relixioso na capela de Lixó en honra á Virxe das Nieves, á misa seguiralle unha procesión acompañada do grupo de gaitas Foula de Cotobade.
Pola tarde, ás 19.00 sairá procesión desde a igrexa parroquial acompañada da Banda de Música Unión Musical de Tenorio e chegada á Carballeira de oficiará misa.
Na mesma carballeira a partir das 20.30 horas a Banda de Música Unión Musical de Tenorio ofrecerá un concerto ao que seguirá unha gran churrascada a partir das 21.00 horas.
Para completar a xornada festiva, ás 23.30 horas comezará o concerto do grupo folk Milladoiro e posteriormente, unha vez terminado o recital, tomará a substitución unha verbena amenizada pola disco móbil On by Chito.
O sábado, a programación arrincará ás 13.00 horas con misa solemne na capela de San Xusto, á que seguirá a procesión de San Xusto e San Pastor. Ás 14.00 horas, actuación de Vos Trazantes de Tenorio e pola noite ás 23.00 horas, actuación da artista Pili Pampín e seguidamente verbena con Studio 21.
O alcalde, Jorge Cubela, agradeceu a todas as persoas que integran a comisión de festas, o traballo que realizan antes e durante estas festas.