Miles de persoas reciben en Vilagarcía por adiantado o ano 2015

O Salnés
31 de decembro 2015

O Concello repartiu uns 350 quilos de uvas distribuídas en 5.000 bolsas individuais, que os participantes comeron ao son das 12 badaladas do reloxo do concello. Para os nenos repartíronse unhas 300 bolsas de gominolas

Celebración por adiantado da entrada do novo ano en Vilagarcía
Celebración por adiantado da entrada do novo ano en Vilagarcía /

Doce horas antes de que remate o ano, miles de persoas participaron este mediodía na Festa das Uvas de Vilagarcía de Arousa para dar a benvida ao ano 2015.

O Concello repartiu uns 350 quilos de uvas distribuídas en 5.000 bolsas individuais, que os participantes comeron ao son das 12 badaladas do reloxo do concello. Para os nenos repartíronse unhas 300 bolsas de gominolas.

Tras recibir o ano novo, os asistentes brindaron na Praza Ravella con ao redor de 400 botellas de cava proporcionadas pola organización.

O sol animou o ambiente festivo desta celebración comezou sobre as 11.30 horas, coa animación musical da Duendeneta, e continuou coa participación de personaxes relevantes da bisbarra, que felicitaron o ano novo aos asistentes.

Para a organización desta festa, a concellaría de Xuventude de Vilagarcía contou coa colaboración de empresas e entidades da localidade.