Para un pontevedrés dos de toda a vida o primeiro que pensa ao falar das Tres Grazas non é no trío de mulleres rechonchas do cadro do pintor barroco Rubens, senón nas longas colas que se forman cada ano para rezar na capela ao carón do Teatro Principal.
Coincidindo co Entroido, un ano máis chega a centenaria festividade do Jesús Nazareno que na Boa Vila acudiu á súa puntual cita de cada primeiro venres do mes de marzo, do mesmo xeito que fan os madrileños coa celebración do Cristo de Medinaceli.
Como manda a costume miles de persoas rezan as súas oracións ao unísono para alcanzar unha das tres grazas.
Este ano os devotos acompañaron á candea co paraugas pois o tempo foi inmisericorde e os chaparróns converteron a espera nunha estación de penitencia. A fe e as rosquillas fixeron que o transo fora máis levadío.
Quen quixo evitar as colas acudiron en peregrinación á igrexa conventual de San Francisco onde tamén se venera a imaxe.