Mexillóns gourmet Pescamar ao curry

Pontevedra
06 de abril 2019

Unha receita que nos trae os aromas da cociña da India e coa que aproveitaremos todos os beneficios do mexillón, un molusco altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3

Mexillóns ao curry
Mexillóns ao curry / FROM

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita que nos trae os aromas da cociña da India e coa que imos aproveitar todos os beneficios dun dos moluscos máis importantes das nosas Rías: o mexillón.

Os Mexillóns Pescamar son un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.

Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".

Para preparar uns saborosos Mexillóns gourmet Pescamar ao curry necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas demexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar

- 1 cebola

- 3 culleradas de aceite de oliva

- 1 cullerada de curry en po

- 1 cullerada de fariña

- 300 ml de caldo de peixe

- 175 ml de nata líquida

- sal e pementa

- 280 g de arroz

- 1 folla de loureiro

Preparación:

Quentamos o aceite nunha cazarola e douramos a cebola finamente picada.

Incorporamos o curry e a fariña. Mesturamos ben.

Agregamos o caldo de peixe, sazonamos con sal e pementa e remexemos constantemente para evitar que se formen grumos.

Engadimos a nata, sen deixar de remover, e continuamos a cocción, a lume lento, ata que a salsa teña a consistencia dunha crema.

Finalmente, incorporamos os mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar, previamente escorridos, á salsa.

Como gornición, poñeremos arroz seco, previamente cocido coa folla de loureiro para que tome o seu perfume.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.