Moitos falaron do xesto feminista de Paula Dapena, que se negou a gardar un minuto de silencio por Maradona e optou por sentar no céspede. Pero, sen dúbida, unha das opinións máis esperadas era a de Leo Messi, un ídolo en Arxentina como o Pelusa.
Non se pronunciara respecto diso pero fíxoo onte á noite na entrevista que Messi mantivo con Jordi Évole en laSexta. Foi o xornalista o que lle preguntou directamente, tras lembrar os episodios de malos tratos nos que estivo envolto Maradona.
Tras lembrar o que fixo a xogadora pontevedresa, Évole quixo saber que opinaba o astro arxentino do Barcelona sobre a acción protagonizada por Paula Dapena. E el falou claro.
"Cada uno es libre de opinar y de hacer lo que quiera", asegurou Leo Messi, que engadiu que "seguramente no a todo el mundo le haya gustado Maradona".
O xogador arxentino defendeu que, a nivel deportivo, ninguén ten nada que reprochar a Maradona e con respecto a "su manera de vivir" entende que "a algunos les gustará y a otros no".
Uns e outros, dixo Messi nesta entrevista, "son libres de actuar como ellos quieran".