"Mesmo en tempos de conflito debemos protexer a sanidade"

Pontevedra
15 de marzo 2022

Este martes tivo lugar unha concentración solidaria á porta de todos os centros desta área sanitaria, desde os hospitais ata os centros de saúde. A convocatoria partiu da Xerencia da área sanitaria e consistiu nun minuto de silencio

Persoal sanitario concentrado contra a guerra
Persoal sanitario concentrado contra a guerra / PontevedraViva

Este martes tivo lugar unha concentración solidaria á porta de todos os centros desta área sanitaria, desde os hospitais ata os centros de saúde. A convocatoria partiu da Xerencia da área sanitaria e consistiu nun minuto de silencio.

Nun comunicado emitido desde a Xerencia explícase que: "Mesmo en tempos de conflito debemos protexer a sanidade e a seguridade da atención médica".

Tras os bombardeos ao hospital materno infantil de Mariúpol e ao psiquiátrico da cidade de Izyum, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) quere mostrar a súa "total condena e repulsa" por estes feitos.

Segundo a Organización Mundial da Saúde, no que vai de invasión rusa xa se produciron 29 atentados contra hospitais e ambulancias en Ucraína.

"Os nosos hospitais, os nosos centros de saúde, os nosos profesionais estamos preparados para acoller e atender aos refuxiados ucraínos que veñan a Galicia", afirma o Sergas.

 

Arquivado en