O Concello de Marín aposta por fomentar o comercio local coincidindo coa celebración do Día da Nai.
Por ese motivo puxo en marcha unha campaña pola que se sortearán até 100 cartóns agasallo por valor de 50 euros.
"Queremos volver premiar á veciñanza que é fiel á economía local da nosa vila, facendo as súas compras e consumicións aquí, e animar a outros a que o fagan", asegura a concelleira de Comercio, Cristina Acuña.
Para participar será necesario realizar compras nos comercios de Marín ou consumir nos establecementos hostaleiros por un valor superior a 30 euros.
Poderase xustificar cun só ticket ou achegando varios, entre o 1 de abril e o día 4 de maio.
Quedan exentas desta promoción as farmacias, gasolineiras e supermercados.
Os tickets, que terán que ser orixinais, deberán depositarse na caixa de correos que se habilitará na Oficina de Turismo da Praza de España indicando no reverso o nome, apelidos, DNI e número de teléfono.
O 5 de maio, ás 12.00 horas, celebrarase o sorteo dos cartóns regalo no Salón de Plenos do Concello de Marín, e os vales deberán ser consumidos no comercio local da vila antes do 30 de xuño.