O Mercado das Flores enche de colorido a Ferrería por Todos os Santos

Pontevedra
31 de outubro 2024
Actualizado: 19:04
Este mercadillo de flores de Defuntos comezou o mércores con menos vendedores e pouco público. E é que esta cita tradicional non vive o seu mellor momento
Mercadillo das flores (1)
Mercadillo das flores (1) / PontevedraViva

Vinte postos instaláronse este xoves na praza da Ferrería para a venda de flores pola festividade de Todos os Santos.

A venda está motivada pola tradicional visita das familias durante estas datas aos cemiterios para honrar os seus seres queridos depositando ramos nas súas tumbas.

Este mercado de flores de Defuntos comezou este mércores con menos vendedores e pouco público. E é que esta cita tradicional non vive o seu mellor momento.

Os postos de flores están xestionados por vendedores ambulantes que foron autorizados polo Concello especialmente para esta ocasión.

Algúns destes vendedores teñen floraría propia e outros cultivan flores en invernadoiros da zona.

De media, o prezo dos centros de flores elaborados con lirio e crisantemos custan uns 25 euros.

Moito máis caros, até 40 euros poden chegar a custar os elaborados con orquídeas ou con rosas.

Tamén se venden ramos de flores soltas: liliums, paniculata e margaridas.