Menudo susto levaron os nenos cunha anguía

Pontevedra
11 de febreiro 2017

Este domingo comezaron as visitas guiadas do Ganapán para achegar aos máis pequenos ao mercado. Medio cento de nenos, de 3 a 6 anos, do CEIP A Xunqueira 1 estrearon este venres 10 de febreiro a proposta lúdica

Visita guiada do Ganapán para achegar os escolares ao mercado
Visita guiada do Ganapán para achegar os escolares ao mercado / Mónica Patxot

Aprender a facer un cocido, distinguir os tipos de col, coñecer o mercado de abastos (o edificio e a xente que traballa nel), o que significa o comercio de proximidade, as diferenzas entre un mercado e un supermercado... e todo nun ambiente lúdico e de xogo. Así foron as dúas primeiras visitas que se achegaron este venres a O Ganapán, o espazo infantil da praza de abastos que ten aos nenos de 3 a 6 anos como protagonistas.

Os primeiros "visitantes" foron medio cento de nenos do CEIP A Xunqueira 1, que fixeron o percorrido en dúas quendas.

A inocencia dos pequechos deu para moitas anécdotas, entre elas o susto que levaron cunha anguía que confundiron cunha serpe, pero a visita tamén tivo unha chea de preguntas e como non, risas ata escachar. Pasárono pipa.