Menos dun mes para que chegue o Entroido 2016

Pontevedra
10 de xaneiro 2016

O entroido pontevedrés arrincará o venres 5 de febreiro polo que xa queda menos dun mes para esta tradicional cita festiva. A proximidade do Nadal provocou que moitos grupos empezasen a confeccionar os seus traxes en pleno mes de decembro, no caso das comparsas, a maioría xa empezaron a traballar en outubro

Rei Urco
Rei Urco

O entroido pontevedrés arrincará o venres 5 de febreiro polo que xa queda menos dun mes para esta tradicional cita festiva.

A proximidade do Nadal provocou que moitos grupos empezasen a idear os seus traxes en pleno mes de decembro, no caso das comparsas, a maioría xa empezaron a traballar en outubro.

Con todo foi imposible poder combinar os compromisos do Nadal cos preparativos, polo que, despois do parón, estes días afánanse en elaborar os seus disfraces para febreiro.

A saga de Star Wars está a ser un motivo recorrente nas propostas para saír ás rúas. Precisamente, o manido do tema botou para atrás a quenes queren ser os máis orixinais. Ollo porque hai quen ameaza coa asistencia dos Reis Magos "de Madrid " ao desfile do sábado.

Unha circunstancia que está a condicionar as eleccións de disfrace é que febreiro sempre adoita vir fresco e como se pasa tanto tempo na rúa, a xente prefire teas que abriguen.

Quedan tres semanas de ensaios, montaxes e outros preparativos para que de novo a cita co Entroido sexa todo un éxito.

Arquivado en