O Concello de Ribadumia levou a cabo actuacións de mellora da eficiencia enerxética nas súas instalacións deportivas municipais.
En concreto actuouse nos vestiarios dos ximnasios de Barrantes e Cabanelas e nos da piscina municipal.
Todo cun investimento de 67.114,89 euros financiados en parte a través do Fondo de Cooperación Local (FCL).
O obxectivo da actuación, ademais de mellorar as condicións para a comodidade dos veciños, era conseguir unha redución do consumo enerxético.
Nos casos do ximnasio de Cabanelas e a piscina municipal procedeuse á instalación dunha bomba de calor de aire-auga reversible de 15Kw de potencia e un depósito acumulador de ACS cunha capacidade de 1.000 litros, substituíndo os cinco dispositivos acumuladores eléctricos que se localizaban nos vestiarios e aseos.
Pola súa banda no ximnasio de Barrantes instaláronse dúas bombas de calor aire-auga reversibles, no lugar da caldeira de gasóleo que daba servizo á calefacción e á subministración de auga quente.