Mellora a situación na Illa de Arousa, que pasa de nivel alto a medio, mentres O Grove segue coas restricións máximas

Vilaboa
16 de abril 2021

A Illa de Arousa pasará a estar no nivel medio, o mesmo que afecta a máis municipios desta área sanitaria. Continúan Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, Vilaboa, Marín e Meaño e súmanse Cambados, Catoira e Vilagarcía. Estes cambios entrarán en vigor ás 00.00 horas do luns 19 de abril 

Realización de PCR no covidAuto do Pazo da Cultura
Realización de PCR no covidAuto do Pazo da Cultura / Mónica Patxot

A preocupación pola expansión descontrolada da covid-19 mantense no Concello do Grove. O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia acordou este venres que a partir do vindeiro luns 19 de abril este municipio manterase no nivel máximo de restricións.

Segundo acordou o subcomité na súa reunión deste venres, esta mesma situación manterase en catro concellos galegos, Pobra do Caramiñal, O Grove, Cualedro e Carballeda de Valdeorras, dos que tan só a vila meca pertence á área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Os expertos sanitarios adoptaron cambios que entrarán en vigor ás 00.00 horas do vindeiro luns 19 de abril que afectan á área sanitaria. Un deles é relativo ao Concello da Illa de Arousa, que se atopaba no nivel alto de restricións e a partir dese día baixará de nivel ao mellorar a situación epidemiolóxica. 

A Illa de Arousa pasará a estar no nivel medio, o mesmo que afecta a máis municipios desta área sanitaria. Continúan neste nivel Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, Vilaboa, Marín e Meaño e súmanse Cambados, Catoira e Vilagarcía

Ademais, estarán este nivel medio, no resto de Galicia, os termos municipais do Irixo, Pobra do Brollón, Meira, Trabada, Ribeira, Carral, Muxía, As Pontes, Ortigueira, Cangas, Gondomar e As Neves. 

No nivel alto, no que non hai ningún municipio da área sanitaria pontevedresa, estarán Cortegada, O Barco, Padrenda, Rubía, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre

Dentro das medidas para frear a expansión da covid-19, durante esta fin de semana está chamadas a participar en toda Galicia cribados poboacionais máis de 25.000 persoas. Delas, 3.100 son do concello pontevedrés de Vilanova.