Con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo, o Concello de Meis organiza a II Andaina Solidaria para o domingo 12 deste mes pola zona de Paradela coa posterior visita o interior e xardíns do Pazo de Señoráns.
A saída desta actividade solidaria será desde o Campo da Boca ás 10:30 horas segundo informa o Concello de Meis.
Para participar haberá que abonar tres euros que se destinarán á Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra.
A xente que queira inscribirse poderá facelo a través da seguinte ligazón.