Medran no PP as dúbidas e suspicacias sobre á licitación do contrato da auga

Pontevedra
03 de marzo 2018

O goberno local de Pontevedra non entregou aínda ao grupo do Partido Popular o contrato asinado polo Concello de Pontevedra coa empresa Lagares Oca S.L. para a elaboración do informe sobre as ofertas presentadas para a xestión do servizo público de abastecemento de auga e saneamento

Jacobo Moreira, portavoz grupo municipal do PP de Pontevedra
Jacobo Moreira, portavoz grupo municipal do PP de Pontevedra / Cristina Saiz

O goberno local de Pontevedra non entregou aínda ao grupo do Partido Popular o contrato asinado polo Concello de Pontevedra coa empresa Lagares Oca S.L. para a elaboración do informe sobre as ofertas presentadas para a xestión do servizo público de abastecemento de auga e saneamento.

Os populares solicitaron formalmente o pasado 22 de febreiro ter acceso a este documento, "pero a pesar de cumprirse o tempo regulamentario para responder a este tipo de peticións, o goberno de Lores non nos facilitou nada", lamentou este sábado o portavoz popular, Jacobo Moreira.

A través deste documento, a formación popular busca coñecer os detalles de dita contratación. "O feito de que non se nos entrega o documento solicitado non fai

Os populares anunciaron o seu rexeitamento a que unha empresa privada se encargue da valoración das ofertas presentadas para a xestión do contrato máis importante economicamente e de duración para o Concello de Pontevedra.

"Esiximos que sexan os servizos técnicos municipais os que valoren as ofertas presentadas", lembrou o edil popular, "e mesmo, se o consideran necesario, que poidan solicitar a asistencia técnica externa dun comité técnico de expertos designados pola Universidade de Vigo e por colexios profesionais, a instancias da mesa de contratación", apuntou.

"En ningún caso esta proposta pode considerarse como unha falta de respecto aos técnicos municipais", denunciou.

Arquivado en