O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, valorou como moi positiva a inclusión de Mouteira-Parada no programa das Aldeas Modelo posto en marcha pola Consellería de Medio Rural para recuperar espazos moi deteriorados e en situación de abandono.
Así, estase acometendo a creación dunha praza para a veciñanza en San Pedro de Parada, na entrada da igrexa e o cemiterio, onde a Xunta investirá uns 49.000 euros.
Crearase unha praza na entrada da igrexa e cemiterio de San Pedro de Parada nunha zona que é un punto importante de reunión para os veciños.
Estase levando a cabo a execución dunha praza pavimentada con formigón e prevese o pavimentado de lastra entorno ao cruceiro existente para aumentar a súa notoriedade no entorno.
Outras actuacións que se levan a cabo é a recollida de pluviais e a instalación de sinalizacion direccional.