Medio Rural alerta de que o índice de perigo de incendios forestais para hoxe é de risco extremo

Pontevedra
19 de agosto 2013

A situación meteorolóxica, o estado da biomasa vexetal, o estado das infraestruturas preventivas das masas arbóreas e o estado do solo establecen que hoxe existe grave perigo de que se poidan producir lumes durante toda a zona das Rías Baixas

A Consellería de Medio Rural alerta de que, nesta xornada, toda o sur de Galicia e, en concreto, a zona das Rías Baixas se encontra nunha situación de risco extremo ante a posibilidade de que se poida producir un incendio forestal.

Así o constata a previsión do Índice de Risco Diario do Incendio. Este índice establece cinco niveis de perigo e, nestes momentos, encóntrase no máis elevado como se pode comprobar no mapa onde máis da metade sur de Galicia aparece pintado en vermello.

Para o establecemento deste índice de risco diario de incendio téñense en conta a conxunción de varios factores: a situación metereológica, o estado da biomasa vexetal, o estado das infraestruturas preventivas das masas arbóreas e o estado do solo.

Arquivado en