A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra suspendeu este martes o xuízo previsto contra o veciño de Cangas Cándido P.P., acusado de tentativa de homicidio contra a súa exparella, ante a ausencia do avogado da presunta vítima.
O letrado achegou documentación acreditativa dun delicado estado de saúde e a vista retomarase o 12 de marzo. A suposta vítima, María B.B., non debería mostrar a súa desconformidade polo aprazamento xa que foi responsabilidade do seu avogado, pero ás portas da Sección Cuarta de la Audiencia manifestou a súa preocupación por este. O motivo? Este luns recibiu a notificación de que se revogaba a orde de protección que impedía ao acusado achegarse a ela. Ante a nova situación, asegura: "me veo con pánico por mí y por el niño".
A muller pediu ao tribunal que ditara unha nova orde de protección e a Sala reuniuse durante máis de media hora coa Fiscalía para estudar o caso, mentres a vítima esperaba fóra da sala, "muy preocupada". Finalmente, decidiu non decretar a orde de afastamento e remitiu á suposta vítima ao Xulgado de Instrución número 2 de Cangas, instrutor do caso.
A decisión do tribunal deixou sentimento de "impotencia" á suposta vítima, xa que "me dicen que vaya al Juzgado de Cangas y que la solicite, pero ¿y si no me la da?", indicou e engadiu que ao seu fillo "ya no lle igo nada" para non preocupalo, xa que o neno estaba presente o día que o acusdo, segundo a Fiscalía, "con intención de atentar con la vida de su expareja", se meteu nos baixos do vehículo dela e co coitelo sacou os tubos dos freos traseiros. Empezou a cortalos "teniendo que desistir de su propósito cuando ella se personó en el lugar alertada por unos vecinos".
María B.B. indicou que"tengo que estar pendiente de él (o seu fillo) a todas horas" e que se sente tan desamparada que "me voy a encerrar en mi casa hasta el día 12", data fixada para o novo xuízo, xa que tras estes feitos que van xulgarse se ditou unha primeira orde de afastamento e cando venceu,"vino al piso, rompió la puerta, me amenazó, hizo mucho daño, me falló el coche,me dio golpes al coche...".
A muller solicitou unha segunda orde de protección e mudouse a vivir de Cangas a Moaña. Dende entón, "no se volvió a meter mas conmingo, hasta ahora estuve tranquila". Non obstante, nos últimos días o acusado "estuvo diciendo por Cangas que iba a mandarme a unos sicarios", que "sabe donde vivo porque me busca y busca la manera de encontrarse conmigo".