Bueu celebra esta semana as festas de Beluso e Cela, que contarán cunha programación variada destinada ao público familiar.
En Beluso, o Concello coa colaboración do Principado de Beluso, as festas celebraranse no Parque Joe Novas entre o mércores 14 e o venres 16 de agosto.
O mércores ás 22 horas poderase gozar do filme "Elemental" que se proxectará ao aire libre. Ás 00.00 horas actuará o 'Dúo Cóctel'. Ao día seguinte, a xornada comezará ás 12 horas cun pasarrúas a cargo de 'Os Liboreiros'. Ás 17.30 horas haberá unha festa infantil con inchables, futbolín humano e festa da escuma, e pecharase a xornada coa verbena a cargo de 'Distrito 7'. O venres rematarán as festas coa actuación ás 22 horas de 'Laura'.
E en colaboración da Asociación da Xuventude de Cela, organizaranse o 18 de agosto as Festas de Cela. Os festexos arrancarán ás 13 horas cos oficios relixiosos coa música do 'Coro Lestonnac' e a procesión coa 'Banda de Gaitas Manxadoira'. Ás 19 horas estará o 'Mago Noel' no Torrecino para deleitar ao público co seu espectáculo "Que curioso!", e rematará a xornada cunha verbena a cargo da 'orquestra Magos', na que tamén se poderá gozar do tradicional bochinche. Ademais haberá oficios relixiosos o xoves ás 13 horas na honra de Santa María e procesión do cuarteto 'Os Palleta Mollada'. E o venres, misa na honra de San Roque á mesma hora.