Mauro, o primeiro bebé do ano en Galicia, un pontevedrés nacido ás 00.17

Pontevedra
01 de xaneiro 2025
Actualizado: 19:39

Mauro Estévez Álvarez, fillo de Andrea Estévez e César Álvarez, naceu no Hospital Provincial e pesou 3,060 kilos. Adiantouse por sete minutos á segunda galega de 2025, Nora, que naceu en Santiago

Hospital Provincial de Pontevedra
Hospital Provincial de Pontevedra / Mónica Patxot

Mauro Estévez Álvarez, fillo de Andrea Estévez Fernández e César Álvarez García, converteuse ás 00.17 horas deste mércores 1 de xaneiro no primeiro bebé nado en Galicia. 

Naceu en Pontevedra, no Hospital Provincial, e pesou 3,060 kilos.

Adiantouse por sete minutos á segunda galega de 2025, Nora, que naceu no Hospital Clínico de Santiago de Compostela ás 00:24 horas.

Filla de María e David, a segunda bebé galega deste novo ano, chegou ao mundo cun peso de 3,330 kilos.

O terceiro nacemento de Galicia do ano foi outra nena, Amanda, que nacería tan só 22 minutos despois de Mauro.

Foi ás 00:39 horas, filla de Sabrina e Luisar. A súa nai deu a luz no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña e a bebé pesou 2,880 kilos.

LARA, PRIMEIRA BEBÉ DO SALNÉS

No distrito sanitario do Salnés tiveron que esperar aínda varias horas para coñecer ao seu primeiro bebé. Foi ás 16.08 horas, cando naceu a pequena Lara.

Lara Otero Deus naceu no Hospital Público do Salnés e pesou 3 quilos 415 gramos. Os seus pais son Iván Otero e Tania Divos.