Marzo pechou con 1.841 parados menos na provincia

Pontevedra
04 de abril 2016

As contratacións no serctor servizos con motivo da Semana Santa fixéronse notar na cifra de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego, que se sitúa nas 92.314 persoas na provincia de Pontevedra

Un traballador efectúa labores de limpeza nunha rúa de Pontevedra
Un traballador efectúa labores de limpeza nunha rúa de Pontevedra / Mónica Patxot

As contratacións no serctor servizos con motivo da Semana Santa fixéronse notar na cifra de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego durante o mes de marzo.

O peches do terceiro mes do ano deixou 1.841 parados menos na provincia de Pontevedra, para un total de 92.314 persoas demandantes de emprego.

Esta cifra supón 8.061 persoas desempregadas menos que no mesmo mes de 2015.

En canto a Galicia, o descenso do paro rexistrado é de 3.471 persoas, un 1,48%, segundo os datos publicados este luns polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

En total na Comunidade son actualmente os 231.797 os demandantes, un 8,07% menos que hai un ano.

Arquivado en