Obras literarias de ensaio ou narrativa que estean relacionadas coa memoria histórica. Son as que poderán presentarse aos premios que levarán o nome de Mariví Villaverde, unha destacada activista da memoria histórica de Pontevedra.
A primeira edición destes galardóns, impulsados polo Concello en colaboración coa editorial Cumio, convocarase durante o ano 2023.
Xunto cando se cumpren cen anos do seu nacemento, este premio busca homenaxear unha das mulleres que máis traballou pola xustiza e pola dignidade das vítimas do franquismo.
Mariví Villaverde deixou unha fonda pegada en Pontevedra, facendo parte hai máis de vinte anos das primeiras reunións que impulsaron as políticas de memoria deste concello.
O goberno municipal considera imprescindible recoñecer a súa loita cun premio literario que perdure e que leve o seu nome.
As bases do premio anunciaranse nos próximos días.