Mariscadoras e bateeiros concéntranse en Marín para esixir o saneamento da ría

Marín
29 de abril 2016

Un numeroso grupo de mariscadoras e bateeiros concentráronse este venres diante da casa consistorial de Marín para reclamar o saneamento da ría de Pontevedra. Tras a mobilización de protesta celebrouse un encontro coa alcaldesa, María Ramallo

A alcaldesa María Ramallo coa Plataforma polo Saneamento da ría
A alcaldesa María Ramallo coa Plataforma polo Saneamento da ría / Concello de Marín

Un numeroso grupo de mariscadoras e bateeiros concentráronse este venres diante da casa consistorial de Marín para reclamar o saneamento da ría de Pontevedra. Tras a mobilización de protesta celebrouse un encontro coa alcaldesa, María Ramallo.

Os portavoces desta Plataforma polo Saneamento da Ría insistiron na necesidade de manter unha reunión na que participen os representantes de todos os concellos e da Xunta de Galicia.

A alcaldesa admitiu que a solución a este problema pasa porque todas as partes implicadas se poñan de acordo para dar unha resposta técnica ao saneamento da ría e poder acordar as inversións precisas "canto antes".

Ramallo comprometeuse a participar nas reunións que se convoquen.

Arquivado en