O Concello de Marín presentou este venres o programa para o Entroido 2019 coas asociacións que colaboran na organización e realización dos eventos, como son Ateneo Santa Cecilia, Amigos dos Rapaces, Ronsel, Pousos de Area e as comparsas Os da Caña e Paparrulos, e o cartel, no que aparece a sardiña debuxada polo pintor Descamps.
O entroido comenzará o día 22 de febreiro, venres, ás 20.00 horas, coa inauguración da exposición fotográfica do Enterro da Sardiña por Julio Santos, no local do Ateneo Santa Cecilia, que estará ata o 10 de marzo, e seguidamente, haberá unha charla sobre a gastronomía do Entroido por Xavier Castro.
O día 1 de marzo, ás 20:30 horas, no Museo Manuel Torres, haberá un homenaxe a Manuel Rodríguez Pastoriza "O Norteiro", fundador do Xarángallo-Mángallo, pola súa aportación ao entroido marinense, cunha semblanza a cargo de Julio Santos, e a partir das 21.30 horas Cantos de Taberna polos bares de Marín, organizado por Saljariteiros e o Concello de Marín.
O día 2 de marzo, sábado, a partir das 15:30 horas, comenzará a inscrición do desfile infantil no palco da música da Alameda Rosalía de Castro. Comezará ás 16.30 horas polas rúas Real, Praza do Reloxo, Sol, Doctor Touriño, Busto de Abaixo e Jaime Janer. Ao rematar haberá animación infantil. (No caso de choiva, o desfile e a festa se cancelan).
O día 3 de marzo, ás 13.00 horas, actuará a Charanga Noroeste polas rúas de Marín, para ir ambientando o día, e xa ás 16.00 horas comenzará a concentración das persoas participantes no gran desfile de disfraces e carrozas na praza do Regueiro, para ás 17.00 horas percorrer Praza do Regueiro, avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Arenal, para rematar no parque Eguren. (No caso de mal tempo, o desfile trasládase ao Mércores de Cinza).
O día 4 de marzo, luns, ás 12.00 horas, será a tradicional Festa do Merengue na Lameiriña, acompañados por "Pousos da Area", que terá su continuación ás 16.30 horas, na festa infantil con verbena na Lameiriña coa Orquesta Miramar, que está organizado por Amigos dos Rapaces.
O día 5 de marzo, martes, a partir das 17.00 horas haberá unha Festa Infantil no Multiusos, con música, animación, sorteos e chocolatada. Xa ás 20:00 horas haberá un concurso de filloas e orellas, coa entrega de premios no local do Ateneo Santa Cecilia.
O día 6 de marzo terá lugar o Enterro da Sardiña, a partir das 17.00 horas co velatorio no palco da música e, ás 20.00 horas o enterro con saída da rúa Jaime Janer, baixada polo Busto, Doctor Touriño, Rúa do Sol ata chegar á Praza do Reloxo, onde terá lugar o pregón, e ao rematar saída pola rúa Real, Almuíña, praza de España e despedida ao mar. Haberá ademais un concurso de fotografía do Enterro da Sardiña, organizado polo Ateneo Santa Cecilia.
O día 9 de marzo, pola súa banda, a partir das 16:30 horas, haberá actuación da Charanga Noroeste polas rúas de Seixo, e ás 17.00 horas será o Entroido en Seixo, que organiza el Grupo Cultural Ronsel. O desfile sairá dende as inmediacións da gasolineira e rematará na Alameda de Seixo, onde a partires das 18 horas comezará o baile de disfraces.
Os días 16 e 17 de marzo serán as Xornadas do Bolo do Pote, organizadas pola Asociación Pousos de Area e a colaboración do Concello, con actividades os dous días, sendo o domingo 17 ás 12.00 horas a degustación na Alameda Rosalía de Castro, e o "Urralas olas", onde haberá xogos populares a cargo da Asociación Cultural de Santo Tomé de Piñeiro.
Xa o día 31 de marzo, domingo, será o turno do entroido de San Xulián, organizado "Os da Caña", con saída ás 17 horas, desde San Pedro ata o Igrexario.
Dende o Concello de Marín agardan que a climatoloxía acompañe para poder disfrutar ao máximo destas festas.