Marín vive na rúa a súa Festa Corsaria

Marín
18 de agosto 2019

A anunciada choiva non fixo acto de presenza e os marinenses puideron vivir a lume de biqueira a súa concorrida Festa Corsaria

Festa Corsaria
Festa Corsaria / Diego Torrado

A anunciada choiva non fixo acto de presenza e os marinenses puideron vivir a lume de biqueira a súa concorrida Festa Corsaria.

As rúas da vila enchéronse de piratas con pata de pau, parche no ollo e cara de malo, como diría Joaquín Sabina.

A escenificación da "Batalla de Aguete" foi o colofón desta viaxe ao século XVIII inspirada na figura histórica do corso de Seixo, Gago de Mendoza, que venceu aos ingleses abordo do "Helen" evitando que levasen como botín a prata que transportaba unha fragata real con destino a Pontevedra.

Os nenos foron os principais protagonistas dunha programación pensada especialmente para eles, con xogos, atraccións e espectáculos de animación. Para os maiores as comidas na rúa e a música foron suficientes para demostrar que "a vida pirata é a vida mellor".

Nesta edición bateuse o récord de participantes para as comidas e ceas nos establecementos ao superar os 1.700 comensais.