O verán pasado un banco situado sobre os cantis de Loiba (Ortigueira, A Coruña), desde o que se pode contemplar desde o cabo de Estaca de Bares a Cabo Ortegal, fíxose viral grazas a unha foto de Dani Caxete, na que se lía"The best bank of the world" (O mellor banco do mundo).
Desde ese momento miles de persoas pasáronse a fotografar ao famoso banco. E en Marín non quixeron ser menos, estes días instalouse un banco nunha zona de Pastoriza desde onde se pode observar unha vista da ría.
En Semana Santa por mor da ruta realizada polas Ciclomarchas o pasado domingo a beneficio da Asociación contra o Cancro púidose visitar. O obxectivo do Concello é que se converta nun pequeno reclamo turístico.