Marín suspende a súa festa corsaria

Marín
14 de agosto 2020
Actualizado: 16:49

O Concello só manterá a celebración do mercadillo medieval e a demostración de oficios. O resto de actividades lúdicas, culturais, musicais e gastronómicas quedan anuladas polas novas normas para conter a escalada do coronavirus

Preparativos da Festiña Corsaria
Preparativos da Festiña Corsaria / Concello de Marín

Non haberá festa corsaria este ano en Marín. Á vista da nova regulación que con respecto ao lecer nocturno, no que afecta á hostalería e restauración, procédese por parte do Concello de Marín á anulación de todas as actividades de dinamización cultural, concertos en distintos puntos e actividades que
estaban programadas na Festa Corsaria 2020.

As únicas actividades que se manteñen programadas son o mercado medieval na Alameda de Marín e o de oficios situado no Parque Eguren cos postos xa montados e que cumpran coas medidas de seguridade.

Con respecto á hostalería, a hora de peche de locais e terrazas será ás 01.00 horas e os grupos non poderán ser superiores ás 10 persoas. Lembran ademais o uso obrigatorio de máscara, a prohibición do botellón e a de fumar sempre que non se poida gardar a distancia de 2 metros.

O PSOE CONSIDERA POSITIVA A DECISIÓN

Desde a agrupación socialista de Marín, que solicitara días atrás a suspensión da festa, aplauden a decisión pero indican que a "falta de previsión e a tozudez do goberno local en manter a festa vai provocar un evidente coste económico para o Concello, a parte da nefasta imaxe que trasladamos ao exterior".
 
Ademais reclaman unha mellor planificación e menos improvisación por parte do goberno de María Ramallo de cara ao inicio do curso escolar o vindeiro mes de setembro.