A Escola Naval de Marín substituirá este ano a Cádiz como punto de embarque dos 69 gardamarinas que farán o seu cruceiro de instrución abordo do buque escola da Armada, o Juan Sebastián Elcano.
Segundo informou a Escola Naval Militar de Marín, o buque escola recalará no peirao de Torpedos marinense o vindeiro luns 14 de xaneiro ás 18.00 horas logo de realizar unhas probas do CEMEDEN en Ríaa de Pontevedra. Permanecerá dous días, ata o mércores día 16 ás 8.00 horas.
Establecerase unha xornada de portas abertas o día 15 de xaneiro entre as 15.00 e as 17.30 horas para todas aquelas persoas que queiran visitalo. Ao longo desa mañá haberá visitas organizadas de colexios para embarcar no buque.
Marín é o primeiro porto desta viaxe, no cal embarcarán os 69 gardamarinas das promociones 414 do Corpo Xeral e144 de Infantería de Mariña. Ademais, como novidade, embarcarán tamén sete Aspirantes a cabo primeiro e 30 aspirantes.
Este ano a viaxe dividirase en dúas etapas diferenciadas. Entre o 9 de xaneiro e o 21 de febreiro realizarase un proxecto piloto de emprego do buque escola para os cursos de perfeccionamento esixidos para o ascenso a cabo primeiro e cabo da Especialidade de Manobra e Navegación da Armada.
Para iso, gardamarinas e aspirantes aos postos referidos embarcarán durante un mes. Durante a execución deste proxecto piloto, están previstas escalas en Casablanca (Marrocos), Funchal (Portugal) e Ferrol, con chegada a San Fernando (Cádiz) o 21 de febreiro.
A segunda etapa consistirá en realizar o 84º crucero de instrución, conforme ao plan de estudos dos oficiais alumnos do Corpo Xeral e Infantería de Mariña, mediante o embarque no buque dos gardamarinas das promocións 414 e144, respectivamente.
A través deste cruceiro de instrución preténdese contribuír á formación mariñeira, militar, social e humana dos alumnos embarcados, mediante a instrución e o adestramento na mar e en porto, así como efectuar presenza naval en apoio á acción exterior do Estado.