Nos últimos anos, o Concello de Marín acondicionou unha decena de parcelas no seu centro urbano para ser empregadas como aparcamentos disuasorios. E tres máis se habilitarán nos próximos meses nas inmediacións do centro de saúde.
Para que sexan máis accesibles a todos os cidadáns, o goberno municipal traballa nunha iniciativa para sinalizar todas estas áreas de estacionamento e mellorar as súas indicacións.
Así o avanzou a alcaldesa de Marín, María Ramallo, que garante que o seu executivo priorizará a procura de novas parcelas que sexan susceptibles de usarse para aparcar.
"Estamos abertos a seguir mellorando o estacionamento da nosa vila, tanto se xorde unha oportundidade para o aluguer dunha parcela como se se chega a un acordo de cesión cun particular que ten o seu terreo sen utilizar", sinalou Ramallo.
O actuais once aparcamentos disuasorios teñen capacidade para máis de 600 vehículos.