Marín renovará a conexión entre a Praza de España e o Paseo Alcalde Blanco

Marín
18 de novembro 2023

Estas obras, que executará a empresa Moncosa OH, comenzarán en breve. O proxecto busca renovar o pavimento e anchear a beirarrúa, eliminando o aparcadoiro en liña e facendo máis accesible e amable esta conexión entre o casco urbano e o mar

Praza de España, Marín
Praza de España, Marín

Preto de 97.000 euros vai investir o goberno municipal de Marín nunha actuación que permitirá mellorar a beirarrúa que une a Praza de España co Paseo Alcalde Blanco.

Estas obras, que executará a empresa Moncosa OH, comenzarán en breve.

O proxecto busca renovar o pavimento e anchear a beirarrúa, eliminando o aparcadoiro en liña e facendo máis accesible e amable esta conexión entre o casco urbano e o mar.

Con esta actuación, destacan desde o Concello, mellorarase o acceso ata o novo paseo e seguirase transformando este punto clave do casco urbano de Marín. 

A obra está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, mentres que o 20% restante será asumido con fondos municipais.