O martes 4 de abril, Marín celebrará o CCVIII Aniversario da Liberación, conmemorando o acto heroico das Alarmas do Morrazo, capitaneadas polo marinense Juan Gago de Mendoza y Freire.
Este fidalgo en 1809 atacou o forte de San Fernando onde as tropas francesas atopábanse asentadas controlando toda a vila de Marín. Os labregos e os mariñeiros uníronse conformando as "Alarmas" e sen apenas instrución e armamento enfrontáronse aos franceses sendo fundamentais tamén na participación da Reconquista de Vigo, no combate de San Xurxo de Sacos e a batalla de Ponte Sampaio.
Ese martes, a asociación Ademar en colaboración co Concello de Marín teñen previsto que se celebre un pasacalles a cargo do grupo de gaitas Os Chaneiros. Ás 19.00 horas celebrarase un acto de honras ante o Monólito coa intervención da Banda da Escola Naval Militar.
A partir das 19.30 horas, desenvolverase o acto institucional no Museo Torres coa intervención da concelleira de Cultura e a lectura do acta do Premio Liberación 2017 que se concede á actriz Maika Braña.
O evento finalizará coa lectura dun discurso do xornalista Julio Santos Pena.