Marín pon en marcha por quinto ano un programa de dinamización á lectura nos colexios

Marín
21 de abril 2018

As concellerías de Educación e Cultura xuntáronse, un ano máis, para poñer en marcha o programa 'Dinamización á lectura', enfocado aos centros educativos do municipio.  Ponse en marcha coincidindo coa celebración do Día do Libro este luns 23 de abril  

Presentación do programa de animación á lectura de Marín
Presentación do programa de animación á lectura de Marín / Concello de Marín

As concellerías de Educación e Cultura do Concello Marín xuntáronse, un ano máis, para poñer en marcha o programa 'Dinamización á lectura', enfocado aos centros educativos do municipio. 

A actividade, que xa chega ao seu quinto ano, ponse en marcha coincidindo coa celebración do Día do Libro este luns 23 de abril e o Día dás Letras Galegas, que se conmemora o próximo 17 de maio. 

Este ano ofertaron dúas actividades diferenciadas, dependendo dos alumnos interesados dos centros educativos. O obxectivo é adaptar as actividades ás cualidades do alumnado e enfocado a estudantes de infantil e primaria.

Todas as actividades beben da experiencia dos catro anos anteriores e están centradas na figura de María Vitoria Moreno, a escritora homenaxeada co Día dás Letras Galegas deste ano, pontevedresa de adopción. 

Para o ciclo de infantil organizaron contacontos de textos de Maria Vitoria Moreno. A actividade ofertada busca iniciar ao alumnado á lectura cunha pequena presentación do autora centrada nos seus últimos anos de docencia en Pontevedra de forma amena. Inclúe unha lectura de textos e unha representación teatral.

Para o alumnado de primeiro, segundo e terceiro de primaria, os talleres serán os protagonistas da actividade. Tras unha pequena introdución da autora protagonista das Letras Galega, procederase á explicación da súa bibliografía a través dun conto sen desvelar o final, xa que nestes talleres búscase a participación actividade dos alumnos. No tramo final serán os alumnos os que traballen en grupos pequenos para poñer l final á lectura.

O programa, que comeza o próximo 26 de abril, está a ter unha gran aceptación, segundo informou a alcaldesa, María Ramallo.