Marín licita a explotación dos servizos nas súas praias para os tres próximos anos

Marín
27 de maio 2022

As empresas interesadas terán até o 7 de xuño para presentar as súas ofertas, tanto para os quioscos como para a instalación de hidropedais e outros entretementos

Bañistas na praia de Portocelo, en Marín
Bañistas na praia de Portocelo, en Marín / Cristina Saiz

O Concello de Marín prepárase para a chegada do verán abrindo o proceso de licitación para facerse coa explotación dos servizos nas súas praias.

Os servizos que saen agora a explotación inclúen os quioscos de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo, ademais de figurar lotes para a instalación de 10  hidropedales en Mogor e de 8 canoas e  piragüas e 8 táboas de pádel surf en Aguete.

A licitación dos contratos de explotación terá unha vixencia de tres anualidades, ata o verán de 2024, cunha dotación orzamentaria de 8.360 euros (sen IVE).

As empresas interesadas en conseguir algunha das concesións poderán presentar a súa proposta ata o próximo 7 de xuño a través da Plataforma Pública de Contratación.