Marín inicia a campaña de limpeza e roza en zonas rurais

Marín
04 de abril 2025

Estas actuacións responden a criterios de necesidade, considerando o calendario festivo da localidade, a tempada alta de praias e a prevención de incendios

O concelleiro Pablo Novas, nunha das zonas onde se está a desbrozar
O concelleiro Pablo Novas, nunha das zonas onde se está a desbrozar / Concello de Marín

O Concello de Marín xa puxo en marcha a súa campaña anual de limpeza e roza de viarias rurais, co obxectivo de garantir a seguridade viaria e previr incendios.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, supervisou persoalmente o inicio dos traballos na zona de Pedreiras, onde operarios da Fundación Xoán XXIII están a realizar labores de roza manual en camiños de paso estreito, inaccesibles para o tractor municipal.

A campaña responde a criterios de necesidade, considerando o calendario festivo da localidade, a tempada alta de praias e a prevención de incendios.

É por iso que o Concello realizou unha planificación meticulosa, dividindo o municipio en catro zonas diferenciadas cun calendario específico en cada unha.

  • Zona 1 (1 de abril - 20 de maio): Pedreiras, A Estivada, Arealonga, Pituco, Cañota, Pitanxo, A Laxe, O Carragal, Casal, Bravos, Viñas Brancas, A Raña, Outeiro, Carballal, Igrexario de San Xulián, A Grela, A Bouza, Pena, Caeiro, Coirados, A Roza, Vista Alegre e Macenlle.
  • Zona 2 (21 de maio - 20 de xuño): Zonas entre a liña de costa e a estrada PO-551, dende a Escola Naval ata a praia de Lapamán: Portocelo, Barriada de Mogor, O Monte, Raposeiras, Aguete, A Gorita, Montecelo, Loira, Bouzón, Moledo, Teoira e Casás.
  • Zona 3 (21 de xuño - 31 de xullo): Resille, Lameiro, Cabodevila, O Pazo, Igrexario de Ardán, Picotes, Malvido, Vilaseca, Xuncal, Xermade, O Con, Bexa, Soaxe, Seixo, A Brea, Castro, Porteliña, Cidrás, Aniñada, Sequelo, Sete Espadas, Cruceiro do Vento, Outeiro, Igrexario de Mogor e Bagüín.
  • Zona 4 (1 de agosto - 20 de agosto): Moreira, Pardavila, Fixón, O Pozo, Cadrelo, O Pereiro, Silvestre, Troncosa, Esperela, Ruanova, Sobreiras, Ameal, Oubiña, Currás, A Torre, Cernello, Igrexario de Santomé de Piñeiro, O Coto, Allariz, Miñán, Candóns e Pastoriza.

Ademais da roza en vías, levarán a cabo a limpeza de montes entre o 20 de agosto e o 30 de setembro, abarcando áreas como o Barrio de Mogor, Monte Pituco, Monte Casal, Cruceiro do Vento, Monte Teixugueiras, Monte Castro da Subidá, Monte da Roza e Monte Chan da Lagoa de Pastoriza.

Para garantir a seguridade viaria, o goberno municipal contratou servizos de roza mecánica en todos os viarios municipais, que comezarán na primeira semana de maio, debido ao rápido crecemento da vexetación na época primaveral.

Ademais, o Concello puxo a disposición dos cidadáns toda a información sobre o calendario de intervencións a través da súapáxina web e redes sociais, para facilitar a comprensión e o seguimento dos traballos.