Marín incrementa os premios do seu Entroido

Marín
16 de xaneiro 2016

O total dos premios que se van repartir polo xurado será de 7.750 euros e está previsto que os pregoeiros deste ano sexan os membros da comparsa Os da Caña

Desfile de entroido en Marín
Desfile de entroido en Marín / PontevedraViva

A área de cultura, festas e dinamización de Marín está a traballar na organización do Entroido Marín 2016 coas propostas para os desfiles do sábado 6 e o domingo 7 de febreiro.

Desta forma, o sábado 6 de febreiro o desfile infantil percorrerá as rúas Real, Praza do Reloxio, Sol, Doutor Touriño e Jaime Janer para finalizar na alameda Rosalía de Castro.

Xa o domingo, o desfile comezará na Praza do Regueiro en Cantodarea ás 17.00 horas onde os participantes se concentrarán minutos antes do inicio.

Repartiranse tres premios na categoría individual, outros tantos por parellas, oito premios na categoría de grupos e seis no apartado de comparsas. Os premios increméntanse atendendo á participación durante os últimos anos de numerosos grupos. O total dos premios ascende a 7.750 euros.

O Concello propuxo que o pregón sexa lido pola Comparsa Os da Caña, unha agrupación que cumpre 25 anos de actividade ininterrompida. 

Arquivado en