Marín inaugura o seu Entroido en liña coas comparsas Os Paparrulos e Os da Caña

Marín
13 de febreiro 2021

O Entroido en Marín xa comezou. Así o anunciou o propio Concello a través das súas redes sociais e da súa canle de Youtube coa publicación do primeiro dunha serie de vídeos, onde a actriz Mayka Braña entrevista ás comparsas que contan todo o traballo que hai detrás da preparación dun evento deste tipo

Making off do primeiro vídeo do Entroido de Marín
Making off do primeiro vídeo do Entroido de Marín / Concello de Marín

O Entroido en Marín xa comezou. Así o anunciou o propio Concello a través das súas redes sociais e da súa canle de Youtube coa publicación do primeiro dunha serie de vídeos, onde a actriz Mayka Braña entrevista ás comparsas que contan todo o traballo que hai detrás da preparación dun evento deste tipo.

Preparación do vestiario, dos números de baile ou dos desfiles e, sobre todo, a paixón que se lle pon á preparación do Entroido, son algunhas das cousas que se poden ver na peza audiovisual publicada este venres. Nela, Braña visita, xunto a representantes das comparsas de Marín, Os Paparrulos e Os da Caña, a exposición que acolle e Museo Torres dos traxes máis emblemáticos usados nos desfiles.

Segundo adiantaron desde o Concello, os seguintes en participar neste Entroido tan diferente será o alumnado da Escola Municipal de Música de Marín.