Marín Gaming unirá diversión de ESports e loita contra o cyberbullying

Marín
28 de novembro 2024

O evento terá lugar durante o venres 6 e o sábado 7 de decembro na carpa instalada no Parque Eguren. Haberá wargames, obradoiros, torneos e escape room, ademais de charlas previas sobre o cíberacoso nas redes sociais e nos vídeoxogos

Segunda edición do Marín Gaming Fest
Segunda edición do Marín Gaming Fest / Concello de Marín - Arquivo

Os amantes dos videoxogos e dos ESports teñen unha cita ineludible en Marín esta ponte de decembro.

A cuarta edición do Marín Gaming, organizado por  Lua Gaming en colaboración co Concello de Marín, transformarase no núcleo do entretemento dixital o venres 6 e o sábado 7 de decembro na carpa do Parque Eguren.

O evento comeza o venres 6 ás 12.00 horas coa apertura da carpa, onde estarán dispoñibles xogos de mesa e Arcade durante toda a xornada.

Pola tarde, ás 16:00 horas, iniciaranse os wargames e un obradoiro de pintura, seguido ás 17.00 horas dos esperados torneos de EA Sports FC25 e Mario Kart, dous clásicos que prometen facer vibrar aos asistentes.

A xornada rematará ás 20:00 horas coa entrega de premios.

Xa o sábado 7, a diversión continúa. Os xogos de mesa e Arcade estarán dispoñibles durante todo o día, pero ás 13.00 horas chega unha novidade: un escape room que porá a proba o enxeño dos participantes.

Pola tarde, a partir das 16.00 horas, súmanse novos obradoiros, incluíndo un de iniciación ao rol, ademais dos wargames e pintura.

Ás 17.00 horas, os torneos de Brawl Stars e Mario Kart volverán facer as delicias dos gamers. O escape room finalizará ás 19.00 horas, cando se entregarán os últimos premios do evento.

CHARLAS CONTRA O CÍBERACOSO

O Marín Gaming non é só un evento para xogar, senón tamén para aprender. Como parte das actividades paralelas, Lua Gaming levará a cabo unha serie de charlas nos institutos de Marín para abordar a prevención e actuación contra o cyberbullying.

Estas sesións buscan concienciar á mocidade sobre os riscos do acoso nas redes sociais e nos videoxogos, ofrecéndolles ferramentas para identificar e combater estas situacións.

As charlas celebraranse o 29 de novembro no colexio SEI San Narciso, o 2 de decembro no IES Mestre Landín e no IES Illa de Tambo, e o 4 de decembro no IES Chan do Monte.

O evento está organizado por Lua Gaming, un club de deportes electrónicos 100% galego con proxección internacional. 

Este club conta con embaixadores tan recoñecidos como os deportistas Iago Aspas, Ana Peleteiro e o influencer Xurxo Carreño.

Presentación do Marín Gaming
Presentación do Marín GamingConcello de Marín