Marín executará obras no ámbito do río Lameira para facilitar a construción do centro de saúde

Marín
29 de xaneiro 2015

A Consellería de Sanidade e o Concello de Marín asinaron este xoves o convenio de colaboración para a execución das obras complementarias para a mellora do comportamento hidráulico do río Lameira, así como para todos os traballos requiridos ao concello por parte de Augas de Galicia para a construción do novo centro de saúde

Rocío Mosquera e María Ramallo asinando o convenio para obras complementarias do centro de saúde
Rocío Mosquera e María Ramallo asinando o convenio para obras complementarias do centro de saúde / Xunta de Galicia

A Consellería de Sanidade e o Concello de Marín asinaron este xoves o convenio de colaboración para a execución das obras complementarias para a mellora do comportamento hidráulico do río Lameira, así como para todos os traballos requiridos ao concello por parte de Augas de Galicia para a construción do novo centro de saúde.

As obras recollidas neste acordo, formalizado por Rocío Mosquera e María Ramallo, consisten na substitución dun pequeno muro para mellorar a sección da ponte e a eliminación dunha serie de elementos na marxe esquerda do río que afectan á servidume de protección.

Os proxectos xa están redactados e estase procedendo á súa tramitación administrativa. Serán executados en próximas datas con cargo aos plans de obras da Deputación provincial, segundo aprobou a xunta de goberno do Concello de Marín.

Nos próximos días haberá que realizar tamén o reformulo da obra da construción do centro de saúde, un trámite no que terán todas as partes que asinaron o convenio.