Mariano Rajoy: "Ni Hitler ni Stalin fueron declaradas personas 'non gratas' en Pontevedra"

Pontevedra
25 de febreiro 2016

O presidente do Goberno amosou o seu malestar nunha entrevista concedida a Espejo Público de Antena 3, onde afirma que non se esperaba que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores apoiara a proposta do PSOE e de Marea Pontevedra para declaralo "persoa non grata"

Mariano Rajoy en Espejo Público de Antena 3
Mariano Rajoy en Espejo Público de Antena 3 / Antena 3

"Ni a Hitler ni a Stalin les declararon ' persona non grata' en Pontevedra" indicou Mariano Rajoy na entrevista ofrecida ao programa Espejo Público de Antena 3 desde Moncloa. O presidente do Goberno en funcións sente "doído" pola declaración de persoa non grata en Pontevedra e en especial do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores de quen, asegurou, non llo esperaba: "No debió haberlo hecho", sentenciou.

Ao mesmo tempo, Rajoy sinalou que non lle reprochaba o alcalde apoiar a proposta do PSOE e de Marea Pontevedra porque "probablemente desde el punto de vista político para él era muy complicado"

Na entrevista con Susanna Griso, o líder do Partido Popular tamén apuntou que lle molestaba moralmente máis esta declaración que a puñada sufrida durante a campaña electoral na praza da Peregrina.

Durante a súa resposta a este asunto, Rajoy indicou que "me ha dolido mucho y me tengo que fastidiar" e, a continuación, cometeu un erro ao indicar que "somos sentimientos y tenemos seres humanos".

A entrevista pode verse nesta ligazón de Antena 3: http://www.antena3.com/noticias/espana/rajoy-hitler-stalin-foron-declaradas-persoas-non-gratas-dolio-mais-que-punetazo_2016022400061.html