Abrazos emotivos de familiares, amigos e compañeiros de partido. Así gozou o resultado electoral María Rey, cabeza de lista de Ciudadanos, que obtivo o apoio de máis de 2.200 pontevedreses. A agrupación que irrompeu en España con Albert Rivera logra, desta forma, representación na nova corporación municipal.
María Rey, tras coñecer os resultados que seguiu nunha céntrica cafetaría na rúa García Camba, indicou que se encontraba contenta e orgullosa por este apoio e que van traballar polos pontevedreses " porque nos lo han pedido".
Engadiu que "hemos sido responsables desde el principio. La responsabilidad es parte de Ciudadanos, igual que el sentido común". E non quixo pronunciarse sobre se se cumpriran as aspiracións da formación política en Pontevedra. Sinalou que se senten avalados e que van continuar traballando por Pontevedra.