María Ramallo visita a cimentación do futuro Auditorio

Marín
31 de marzo 2023

O goberno local de Marín afirma que as obras avanzan "a bo ritmo, de xeito serio e rigoroso" a través da instalación do sistema de pilotes e micropilotes

Visita de María Ramallo ás obras de cimentación do futuro Auditorio de Marín
Visita de María Ramallo ás obras de cimentación do futuro Auditorio de Marín / Concello de Marín

Representantes do goberno local de Marín visitaban este venres as obras do futuro Centro Socio Cultural da vila. 

María Ramallo, a alcaldesa, acompañada por Manuel Santos, concelleiro de Urbanismo penetráronse na parcela para comprobar os traballos que se desenvolven na que consideran a infraestructura de dinamización "máis importante" de Marín e que forma parte da estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

Responsables da empresa executora da obra, Oreco Balgón, explicaron o calendario de traballo e o momento en que se atopan antes de Semana Santa e cales serán os próximos pasos a dar.

Avánzase na cimentación do edificio, a través dun sistema de pilotes e micropilotes. María Ramallo afirma que as obras se desenvolven "a bo ritmo, de xeito serio e rigoroso". A incorporación dos micropilotes ao proxecto foi necesaria para evitar futuros problemas na estrutura. Estas perforacións especiais garanten a boa cimentación nestes terreos gañados ao mar.

Este Auditorio "abrirá a oportunidade a Marín de albergar eventos culturais e sociais de maior envergadura", segundo manifestou a alcaldesa.