María Ramallo: "La mayoría absoluta es un éxito que está al alcance de pocos"

Marín
25 de maio 2015

O PP de Marín, con María Ramallo repetindo como cabeza de cartel, conseguiu este domingo reeditar a maioría absoluta alcanzada hai catro anos. Con menos folgura que en 2011, pero segue sendo a forza máis votada e gañadora indiscutible das eleccións, un resultado de 11 concelleiros do que a actual alcaldesa en funcións fai unha "valoración muy positiva"

María Ramallo Vázquez
María Ramallo Vázquez / Mónica Patxot - Arquivo

O PP de Marín, con María Ramallo repetindo como cabeza de cartel, conseguiu este domingo reeditar a maioría absoluta alcanzada hai catro anos. Con menos folgura que en 2011, pero segue sendo a forza máis votada e gañadora indiscutible das eleccións, un resultado de 11 concelleiros do que a actual alcaldesa en funcións fai unha "valoración muy positiva".  "La mayoría absoluta es un éxito que está al alcance de pocos", presume. 

A líder dos 'populares' compara o seu resultado co doutros municipios da comarca, como Pontevedra, onde o BNG foi o partido máis votado, pero non chegou á maioría absoluta, para explicar que revalidar unha maioría para calquera partido é "una meta que cada vez se está poniendo más complicada"e, no seu caso, o fixo con ampla folgura.

O PP quedou a menos de 200 votos de conseguir o concelleiro número 12 e igualar os resultados das eleccións de 2011. A pesar de baixar en representación, María Ramallo insiste no éxito da repartición da Corporación, pois "hace cuatro años habíamos tenido el mejor resultado de la historia y ahora tenemos el segundo mejor resultado de la historia". 

Na súa opinión, con este apoio maioritario ao proxecto do PP os veciños de Marín valoraron "moitas cousas", entre elas que no último mandato se desatascaron proxectos que levaban moitos anos parados e o traballo de "un equipo unido, muy competente y siempre pendiente de la gente". "El trabajo y el esfuerzo siempre tienen recompensa", considera. 

En Marín o PSdeG-PSOE baixou en representación -de 5 a 4 concelleiros-, pero a gran sorpresa da noite electoral foi a irrupción con forza de Marea Marín, con Sandra Pesqueira como cabeza de cartel e tres concelleiros na Corporación. Ante esa aparición no mapa político municipal, María Ramallo interpreta que "recoge el descontento con los partidos tradicionales de izquierdas" e, en xeral, o descontento cidadán, como o que sucedeu xa noutras localidades.

Arquivado en