María Ramallo informa ás asociacións sociais de Marín das axudas municipais e as de Ence

Marín
27 de outubro 2016
Actualizado: 28 de outubro

O obxectivo principal da reunión foi trasladar os modelos de convenios que con cada unha delas asina o concello e facer efectiva a subvención que con carácter nominativo figura nos orzamentos municipais

María Ramallo informa ás asociacións sociais de Marín das axudas municipais e as de Ence
María Ramallo informa ás asociacións sociais de Marín das axudas municipais e as de Ence / Concello de Marín

Este xoves reuníronse no Concello varias asociacións sociais que están a prestar a súa atención e traballo no municipio de Marín.

O obxectivo principal da reunión foi trasladar os modelos de convenios que con cada unha delas asina o concello e facer efectiva a subvención que con carácter nominativo figura nos orzamentos municipais.

Cáritas Marín, Caritas Santomé, Sos, Amenac e a asociación de Sor Elvira asistiron para poder ir dando pasos respecto dos convenios que é necesario asinar e achegar a documentación precisa para poder facer efectiva a subvención que foi aprobada nos orzamentos anuais do concello.

Son asociacións sen ánimo de lucro que conxuntamente co Comedor das Fillas da Caridade prestan o seu labor asistencial no termo municipal.

AXUDAS DA EMPRESA ENCE

Ademais desta información, foi exposto pola alcaldesa e a concelleira de medio ambiente e benestar social, o compromiso sostido de implicación social da empresa ENCE nos territorios de Marín, Pontevedra e Poio.

Para iso, van realizar unha convocatoria, da que lles informou a alcaldesa de solicitude de proxectos e axudas, para que vaian preparando os proxectos ou solicitude de axudas que van presentar, para que os teñan preparados e cuantificalos, tendo en conta que nos próximos días sairá as bases da mesma.

AXUDA A SAN VICENTE DE PAUL

Este venres, a imaxe repetiuse en Concello. A alcaldesa asinou o convenio nominativo da axuda que figura nos orzamentos municipais de 5.000 euros para o Comedor Benéfico de San Vicente de Paul, situado no colexio das Fillas da Caridade.

Cos convenios dos dous días e os fondos entregados á asociación de Cáritas, dáse trámite ás axudas sociais contempladas no orzamento municipal, que serán efectivas unha vez que se acredite a documentación solicitada.