Marea Veciñal de Marín pide explicacións á alcaldesa María Ramallo pola perda definitiva do centro de recuperación de especies no Lago de Castiñeiras.
Esta formación política sinala que "sen lugar a dúbidas" a pérdida dunha inversión de 700.000 euros e a posibilidade de crear ata 15 postos de traballo, "sólo ten unha culpable: María Ramallo" polo seu "desleixo" sobre esta paraxe natural de Cotorredondo "e todo o que este pode aportar á vila de Marín".
Marea di que xa acada "cotas escandalosas" a actitude da alcaldesa de estar "entregada a Feijoó co único obxectivo de deixar o Concello de Marín para marcharse á Xunta" polo que lle acusan de non facer fronte a decisión do executivo galego para "non prexudicar aos seus intereses persoais".
"Sempre presume María Ramallo de traballar moito, mais neste caso demóstranos todo o contrario, demóstranos preguiza, incompetencia, deixamento de funcións e repregamento ante a Xunta a pesar de darse a situación que se dá no Lago de Castiñeiras", di Marea Veciñal de Marín.