Marea Pontevedra asegura que os funcionarios do concello teñen "dificultades para consultar expedientes"

Pontevedra
19 de febreiro 2015

Os candidatos da Marea Pontevedra, Luís Rei e Guillermo Casalderrey , acompañados polo seu coordinador, Xoán Hermida, mantiveron una xuntanza este xoves cos delegados sindicais de tres dos catro sindicatos presentes na Xunta de Persoal e no Comité de Empresa  do concello de Pontevedra

Xuntanza de Marea Pontevedra con representantes da xunta de persoal do Concello
Xuntanza de Marea Pontevedra con representantes da xunta de persoal do Concello / Mónica Patxot

Os candidatos da Marea Pontevedra, Luís Rei e Guillermo Casalderrey , acompañados polo seu coordinador, Xoán Hermida, mantiveron una xuntanza este xoves cos delegados sindicais de tres dos catro sindicatos presentes na Xunta de Persoal e no Comité de Empresa  do concello de Pontevedra.

Luís Rei trasladou en nome da Marea a preocupación polas políticas de participación e transparencia nas que dixo "son fundamentais a implicación dos traballadores do concello". Segundo trasladaron os membros da Marea "esta idea foi recibida moi ben polos representantes sindicais que confirmaron as dificultades que eles mesmos teñen para consultar un expediente".

Outra das queixas sindicais  da que deu conta Luis Rei ten que ver coa denuncia sobre o "abuso que de asesorías e asistencias técnicas faise desde o concello". A asistencia técnica é unha figura que "so se debe empregar cando non existe persoas especializado cousa que non ocorre no concello de Pontevedra", sinalou.

Segundo a Marea no encontro cos delegados de CC.OO., CIG e CSIC, "constatouse un grado importante de coincidencia no análise sobre o modelo organizativo do concello".

Os sindicatos mostráronse moi críticos co proceso de "microprivatizacións" que aseguran "se estan levando adiante no concello"

Esta primeira xuntanza, a petición da Marea, pretendía ser unha primeira toma de contacto para recoller información dos representantes sindicais e trasladar por parte da Marea a súa intención de implicar ao funcionariado e o persoal laboral do concello na toma de decisións a partir de maio. De feito sorprendeu a información de que o actual rexedor municipal non se reuniu en 16 anos coa Xunta de Persoal, cousa que non ocorrerá, segundo o alcaldable Luís Rei "se a Marea  ten a encomenda de gobernar".

Marea Pontevedra que aposta no seu programa polo sector público, mesmo apostando pola remunicipalización de servizos hoxe privatizados como o da auga, é especialmente crítico co proceso de "microprivatizacións" que aseguran "se estan levando adiante no concello" (servizos sociais, xardíns, limpeza, mantemento ou a xestión privada dos camiños escolares, citaron).

Tamén se abordou a necesidade de agrupar a administración nun  edificio único, que ademais de facilitar a atención á cidadanía, suporía un aforro as arcas públicas "pois a pesar de ter edificios inutilizados segue a pagar alugueiros onde están ubicados diferentes servizos do concello".

Por último tratouse da organización interna do concello que "a pesar de ser criticada polo BNG cando estaba na oposición segue a manterse intacta  desde o ano 99".