Marea Galeguista advirte que "vimos para quedar" e converterse na "terceira vía"

Pontevedra
10 de xullo 2020

Marea Galeguista reuniu este venres en Pontevedra a todos os seus candidatos, entre eles a pontevedresa Peque González, e o líder da coalición pola Coruña, Pancho Casal, que presentan como presidenciable, para pechar a campaña das eleccións galegas

Mitin de peche de campaña de Marea Galeguista en Pontevedra
Mitin de peche de campaña de Marea Galeguista en Pontevedra / Mónica Patxot

Marea Galeguista reuniu este venres en Pontevedra a todos os seus candidatos, entre eles a pontevedresa Peque González, e o líder da coalición pola Coruña, Pancho Casal, que presentan como presidenciable, para pechar a campaña das eleccións galegas.

Fixérono nun mitin na Praza de Ourense na que a cabeza de lista por Pontevedra sinalou que esta coalición "representamos a cidadáns que viñemos a facer política, pero non somos políticos".

Criticou Peque González a aposta de Galicia "non pode pasar" por desastres ambientais como a A-57 nin polo mantemento de empresa que como Ence "contaminan o noso país".

A pandemia da COVID-19, engadiu a candidata por Pontevedra, o "desmantelamento" da sanidade, da educación ou dos servizos sociais e como as mulleres "estiveron á fronte en todos eses ámbitos".

Tras a súa intervención, tomou a palabra Pancho Casal que defendeu a "transversalidade" de Marea Galeguista, á que definiu como a "terceira vía" que en Galicia "vai a romper coa polarización".

Casal, que relatou as propostas da coalición a favor dos servizos públicos e de políticas "que non obriguen á mocidade a marchar", lembrou que a finalidade dos partidos políticos debe ser "solucionar os problemas da xente" e lamentou que o PP "non o fai".

Para o candidato de Marea Galeguista á presidencia da Xunta, "é esencial dialogar" e lamentou que ningún outro partido esixise os 10.000 millóns dos fondos de reconstrución para Galicia tras a crise da COVID-19.

"As certezas de Feijóo non son certezas, son corsés para o país", engadiu Pancho Casal, que avanzou que Marea Galeguista fará política "escoitando de verdade" aos galegos