Marea Galeguista acusa a Xunta e BNG de desentenderse do "problema da depuradora de Praceres"

Pontevedra
03 de xullo 2020

Membros da candidatura por Pontevedra reuníronse con representantes da Plataforma veciñal da Praza de Praceres

Candidatos de Marea Galeguista con representantes da Plataforma de Placeres
Candidatos de Marea Galeguista con representantes da Plataforma de Placeres / Marea Galeguista

Membros da candidatura de Marea Galeguista mantiveron este venres un encontro con representantes da Plataforma da Praza de Praceres, cos que abordaron a situación da depuradora.

A cabeza de lista de formación en Pontevedra, Peque González responsabilizaba á Xunta e ao BNG de "mirar a outro lado. Temos un problema ambiental e a ampliación que se expón o único que vai facer é  agrabarlo", afirmou, avogando por un modelo de depuradoras de menor tamaño.

Desde o colectivo veciñal trasladáronlles o seu malestar con esta infraestrutura ao considerar que é algo que "non lle importa a ninguén, porque o dano está localizado no fondo da ría, á beira do complexo de Ence; os estamentos políticos pásanse a pelota uns a outros sen buscar solucións", a pesar de que desde a UE xa se advertiu.

Os portavoces da Plataforma tamén manifestaron o seu malestar aos candidatos por "o trato que se lle dá a Praceres. Defínennos como zona degradada" e entenden que dado que está emprazado Ence, unha vía do tren pasa pola parroquia, tamén un "scalextric", e os recheos do Porto; "que máis dá unha cousa máis".