A candidatura de Marea Pontevedra ás próximas eleccións municipais comprometeuse "a levar adiante desde o goberno do Concello" unha serie de medidas para facer unha cidade máis inclusiva.
Entre outras iniciativas inclúen a promesa de mellorar en materia de accesibilidade "en xeral", tamén a incluír a linguaxe de signos como mérito nos concursos-oposicións e a promocionar o deporte inclusivo e adaptado.
Marea Pontevedra engade neste compromiso a inclusión de claúsulas sociais da contratación pública a persoas con discapacidade e unha "maior vixilancia nas obras" para que cumpran as medidas de accesibilidade necesarias.
As candidatas desta formación política, Herminia Dios e César Maquieira, mantiveron un encontro co presidente de Amizade, Paulo Fontán, "para afondar nas necesidades dun dos sectores máis esquecidos da nosa Pontevedra".