Remata o Entroido na Boa Vila e comeza un novo período de precipitacións que chegarán o martes 27 pola noite. A influencia, por un lado, da borrasca das Azores, e por outro, das altas presións do norte de Europa, deixarán unha semana de choivas e ceos anubrados con temperaturas suaves e agradables para esta época do ano.
A xornada do martes chega cun descenso bastante acusado das temperaturas máximas, que pasarán de 21 graos a 12. Preséntanse ceos parcialmente cubertos que co avance do día chegarán a nubrados. O vento soplará intensamente de compoñente leste, o que nos deixará unha xornada fría a pesar de que os valores mínimos se manterán en torno aos 2 graos. Co avance do día e a entrada dunha fronte cálida, o comezo das precipitacións producirase de cara a noite.
En canto ao mércores 28, durante a madrugada esas precipitacións se manifestarán en forma de neve no interior da provincia de Pontevedra. Agárdanse ceos totalmente cubertos durante todo o día e choivas intensas, que nos acompañarán durante toda a xornada. As temperaturas non superarán os 15 graos y las mínimas subirán de 2 a 6. O vento soplará moderadamente na metade sur das Rías Baixas.
Un centro de baixas presións situarase sobre Galicia o xoves 29, polo que as temperaturas sofrirán un notable ascenso, pasando de 6 graos a 10 en canto ás mínimas. Os ceos permanecerán cubertos durante todo o día con precipitacións que comezarán pola mañá e xeneralizaranse a partir do mediodía, nunha xornada na que os valores máximos non superarán os 17 graos. O vento continuará soplando forte de compoñente sur.
Na predicción a medio prazo, segundo datos de Meteogalicia, as Rías Baixas seguirán baixo a influencia das borrascas, polo que se agarda choiva para os seguintes días. O vento do suroeste combinarase con temperaturas suaves para esta época do ano, por enriba dos 10 graos e sen superar os 16.