Marcar a cuadrícula 106 da Renda axuda a que setenta persoas con discapacidade participen en actividades de Amizade

Pontevedra
25 de abril 2024

Este programa da asociación é xestionado por COGAMI e está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % da declaración da Renda

Charla de sensibilización de Amizade nun centro escolar
Charla de sensibilización de Amizade nun centro escolar / Asociación Amizade

Os fondos do 0,7% do Imposto da Renda das Persoas Físicas axudan a colectivos como a asociación Amizade, que continúa desenvolvendo o programa de atención integral para as persoas con discapacidade.

Este programa permite ofrecer numerosas actividades e servizos a setenta persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra.

Neste proxecto poñeranse en marcha actividades deportivas e de lecer, ademais doutras relacionadas coa información, sensibilización, prevención e difusión sobre diferentes cuestións vinculadas á discapacidade.

Recentemente, a asociación Amizade puxo en marcha un obradoiro de coiro e un segundo grupo do taller de lecer para tentar dar resposta á demanda de actividades.

Aquelas persoas que presenten dúbidas sobre calquera cuestión relacionada coa discapacidade ten a posibilidade de establecer contacto co servizo de información e asesoramento de Amizade.

O colectivo que preside Paulo Fontán e que foi declarado de utilidade pública en 2015 tamén ofrece charlas en centros educativos e reunións con representantes políticos para traballar na sensibilización social.

Persoas con discapacidade física, intelectual, sensorial, psíquica ou mixta da comarca poden acceder a estas accións 

O proxecto desenvólvese baixo a xestión de COGAMI e co cofinanciamento da Xunta de Galicia grazas á recadación que se recolle a través da cuadrícula 106 de "actividades consideradas de interese social" no IRPF.